venres, 25 de xaneiro de 2013

Actividade Lim sobre os bosques

Aquí tedes a Actividade LIM que elaborei o ano pasado para o cole onde podedes coñecer un pouco máis o ecosistema dos bosques e ver mellor o que aprendemos na clase sobre as cadeas alimentarias. Disfrutádeo. Lembrade que se pulsades na pantalliña superior esquerda podedes poñelo a pantalla completa.


mércores, 23 de xaneiro de 2013

Rías Baixas Style!

Nova versión do Gangnam Style!!
 



Dani Cornes, autor da letra Rias Baixas Style, canta e interpreta este video clip acompañado dos seus compañeiros de instituto.
Video foi realizado desde o departamento de Artes Plásticas do IES Monte da Vila do Grove pola profesora Josebe Arrillaga.

xoves, 17 de xaneiro de 2013

O blog de Leandro Lamas

Aquí vos deixo o enlace ao blog de Leandro Lamas o ilustrador que estamos traballando en clase de Plástica!!
Por si queredes probar a  facer outros debuxos na casa !!

mércores, 16 de xaneiro de 2013

A nosas versións do Taj Mahal

Levounos tempo facelo. Pasamos moito traballiño pero penso que quedaron espectaculares!
É o edificio do que máis sabemos! O máis espectacular do mundo: Taj Mahal!

martes, 15 de xaneiro de 2013

Entrega de premios Concurso de Postais!!

E aquí temos ao noso Mario como gañador absoluto do Concurso de Postais de Nadal recibindo o seu premio. Dedicámoslle este vídeo á mamá de Mario e a súa irmanciña que non poideron estar con nós ese día.
Mario eres un crack!!

Entrega de Premios do Concurso de Postais de Nadal 2012 no CEIP VÍCTOR SÁENZ.
Entrega de Premios do Concurso de Postais de Nadal 2012 no CEIP VÍCTOR SÁENZ.


Lembrades a súa postal? Quedou preciosa!


E aquí tedes todas as vosas postais!! Todas son xeniales! Ánimo a todos! Xa vedes con que facilidade gañamos concursos!!!

Danza hindú: "DHOOM TAANA"

E aquí tendes a no"Dhoom Taana". Tiven que partila en dúas partes para poder subila pero quedou preciosa. Isto xa parece Bollivood!!! Noraboa rapaces! Sodes uns artistas!

Danza hindú: "DHOOM TAANA" - 1ª parte from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.


Danza hindú: "DHOOM TAANA" - 2ª parte from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

domingo, 13 de xaneiro de 2013

sábado, 12 de xaneiro de 2013

"O tren": recitado de Samuel no Festival de Nadal

Rapaces aquí tedes o primeiro vídeo das actuacións do Festival de Nadal. Estanme dando moito que facer así que tede paciencia conmigo ehhhh!! Ven sabedes que últimamente as novas tecnoloxías estanme dando moitos quebradeiros de cabeza!
Pois aquí tendes ao noso Samuel recitando o poema de Miguel Varela " O tren".
Fixéchelo xenial Samu!!! A que sí rapaces?


Samuel (4º de Primaria do CEIP Víctor Sáenz) recita "O tren" de Miguel Varela from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Samuel Santiago Pose (4º curso) recita o poema de Miguel Varela titulado "O tren" no Festival de Nadal do CEIP VÍCTOR SÁENZ (Mazaricos)

mércores, 12 de decembro de 2012

Hoxe atopei esta noticia no xornal, botádelle un ollo!!
Parécevos que falemos con Susi para investigar sobre este home?


domingo, 18 de novembro de 2012

Il Pulcino Pio en español

Como vos prometín aquí tedes a versión en español.






E a coreografía (varias versións):







A MULTIPLICACIÓN

Repasa un pouquiño a multiplicación:
    Nesta primeira repasamos a táboa e as multiplicacións por unha cifra
   
  Aquí a cousa xa se complica un pouquiño máis: 


  Practicamos as Propiedades da Multiplicación:

   
Multiplicación pola unidade seguida de ceros:





ACENTUACIÓN

Imos practicar un pouquiño  a acentuación. Parécevos?

Pinchade nas ilustracións:









domingo, 11 de novembro de 2012

O APARATO REPRODUCTOR

Para reforzar todo o que estamos vendo en Coñecemento sobre o Aparato Reproductor, deixovos aquí todos estes recursos.
Ehhhh!!! e nada de risitas eh??
Martes pregunto na clase!







E aquí tedes algunhas actividades para que comprobedes o que sabedes. Pincha en cada un destes debuxos e demostra o que sabes.










venres, 9 de novembro de 2012

PARA TRABALLAR COÑECEMENTO

Pinchade na seguinte ilustracción e accederedes a unha páxina da Editorial SM que é a editorial do noso libro de COÑECEMENTO DO MEDIO. 
Na parte superior dereita debedes INTRODUCIR O CÓDIGO do voso libro (lembrade que está na tapa de atrás do libro)


Nesta páxina accederes a actividades sobre cada un dos temas que estamos dando en Coñecemento. Estes días estamos traballando o tema da Reproducción. Podedes ir mirando as actividades que hai sobre ese tema e tamén podedes acceder ás dos dous temas anteriores.

martes, 30 de outubro de 2012

SAMAÍN

Mañá celebramos o Samaín no cole. Lembrade que tedes unha chea de cousiñas (información, xogos, debuxos para pintar, vídeos, cancións,...) sobre esta festa na nosa páxina. Disfrutade de elas.

mércores, 24 de outubro de 2012

PRÓXIMO TRABALLO EN PLÁSTICA

Como temos o SAMAÍN a volta da esquina e además hoxe celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA imos facer este traballiño na clase de Plástica!
Trátase de un MARCAPÁXINAS MOUNSTRUOSO!!! Gústavos?


Precisades cartolina, pegamento, tesoiras e logo calquera tipo de papel que a vos vos guste.
E aquí vos deixo os pasos para ir facendo pouco a pouco. Hai pouco que explicar, as imaxes son moi ilustrativos:




Para que non teñades complicación, aquí tedes a plantilla.

A ver que chulos nos quedan!

mércores, 17 de outubro de 2012