martes, 17 de decembro de 2013

POSTAIS DE NADAL

Xa podedes admirar as vosas postais xa rematadas e en formato dixital. Agora aínda que enviedes a alguén para felicitar o Nadal sempre podedes lembrar o bonitas que vos quedaron aquí no noso blogue. BO TRABALLO, rapaces!

BIBLIOLARPEIRADAS: o Flan de café de Érika


BIBLIOLARPEIRADAS: o Flan de café de Érika from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Receita de Érika Trillo, alumno de 5º de Primaria
Bibliolarpeiradas: receitas dos alumnos do CEIP VÍCTOR SÁENZ. Actividade incluida no Proxecto Integrado 2013-14: Papacontos Zampalibros

luns, 16 de decembro de 2013

BIBLIOLARPEIRADAS: o Biscoito de limón de Froilán


BIBLIOLARPEIRADAS: o Biscoito de limón de Froilán from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Receita de Froilán Muñiz, alumno de 5º de Primaria
Bibliolarpeiradas: receitas dos alumnos do CEIP VÍCTOR SÁENZ. Actividade incluida no Proxecto Integrado 2013-14: Papacontos Zampalibros

BIBLIOLARPEIRADAS: Frangipane de Alex


BIBLIOLARPEIRADAS: Frangipane de Alex from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Receita de Alex Carvalho, alumno de 5º de Primaria
Bibliolarpeiradas: receitas dos alumnos do CEIP VÍCTOR SÁENZ. Actividade incluida no Proxecto Integrado 2013-14: Papacontos Zampalibros

BIBLIOLARPEIRADAS: Biscoito de iogur de Raúl


BIBLIOLARPEIRADAS: o Biscoito de Iogur de Raúl from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Receita de Raúl García, alumno de 5º de Primaria
Bibliolarpeiradas: receitas dos alumnos do CEIP VÍCTOR SÁENZ. Actividade incluida no Proxecto Integrado 2013-14: Papacontos Zampalibros

luns, 2 de decembro de 2013

GIANNI RODARI

Aínda que a súa vida discorreu allea á música, a súa vocación frustrada, poucos persoeiros como Rodari lograron destacar en tantas facetas como as que desenvolveu este renovador da literatura infantil e xuvenil. Político, xornalista, pedagogo e escritor, nesta última logrou o Premio Andersen en 1970. 
Graduouse en Maxisterio e comezou impartindo clases particulares. Pola súa vinculación ao Partido Comunista Italiano colaborou con varios xornais; dirixiu L’Ordine Nuovo e trala súa incorporación ao diario milanés L’Unitá comezou a cultivar a súa paixón pola literatura infantil. A partir de entón foise forxando o talento de quen se convertiría na pedra angular deste xénero literario. 
Baseou na realidade obras como “O planeta das árbores”, pero o humor e o éxito chegaron con títulos como “Contos longos como un sorriso”, “As aventuras de Cipollino”, ou “O libro das retahílas”. “Contos a máquina”, “Contos por teléfono” e “Contos para xogar” son tamén algunhas das súas obras mestras: pensáronse respectivamente para versionar a literatura tradicional, demostrar que a brevidade tamén pode ser sinónimo de boas historias e permitir que o lector poida escoller o final do conto. 

Estes son os libros de Giani Rodari que podedes atopar na nosa biblioteca :

LOS ENANOS DE MANTUA


Nos cuartos diminutos do pazo de Mantua vivían os ananos. A súa única misión era divertir aos seus señores, os duques. E aínda que os ananos rabiaban porque non querían ser pequenos e intentaban crecer por todos os medios, non había xeito. Rigoletto, o bufón, burlábase deles con crueldade. Ata que un día, Habichuelo, o máis anano dos ananos, partiu en busca do segredo para crecer. E prometeu aos seus compañeiros que non volvería ata que non o encontrase.





CUENTOS POR TELÉFONO


Érase unha vez... unha nena cuxo pai tiña que estar de viaxe seis días á semana. Esta nena non podía durmirse sen que lle contasen un conto. E cada noite, o seu pai chamábaa por teléfono e explicáballe un conto. Din que os contos eran tan bos que ata as señoritas da telefónica suspendían todas as chamadas para escoitalos. E este é o libro destes contos.





CONFUNDINDO HISTORIAS


Hai quen non respecta nada, nin sequera os contos; quizais non é mala intención senón esquecemento. Os maiores teñen a cabeza chea de recordos e non os clasifican e enrédanselles entre o cabelo, por iso non te sorprenda se che contan un conto e o confunden todo.
Non te enfades. Non é tan malo confundirse e cometer erros pois de alí poderían nacer outras historias. Por exemplo, se á Carapuchilla vermella lle poñemos unha capa amarela, podería nacer a historia da Carapuchiña amarela, quen vive nos trigais dourados xunto ao seu avó. Se nos equivocamos e dicimos que é negra, podería nacer a historia da Carapuchiña Negra, a que nunca se baña. Se che apetece equivocarte sen ningunha culpa, recoméndoche ler Confundiendo historias de Gianni Rodari.