mércores, 26 de setembro de 2012

Visita ÁS FRAGAS DO EUME

O venres 28 visitaremos ÁS FRAGAS DO EUME.

Trátase dunha visita programada o curso pasado dentro do Proxecto Integrado: "Sementando bosques de palabras" promovido dende a biblioteca do centro. Durante todo o ano traballamos a temática dos bosques e quixemos pechar o curso visitando este Parque Natural tan importante en Galicia. Pero o mal tempo estragou os nosos plans a pesares de cambiar a data da visita varias veces.
Non queríamos comezar este curso sen realizar esta visita tan especial para nós; así que, o venres, alá imos: a admirar as nosas queridas Fragas do Eume.

Para saber un pouquiño máis das Fragas deixovos aquí algúns VÍDEOS que, de seguro, vos gustará ver para demostrar alá todo o que xa sabemos sobre este parque, a súa fauna e a súa flora.














Aquí tamén vos deixo algunhas GUÍAS para os que queiran aprender máis cousas sobre as Fragas:


Reportaxes en revistas:

 REVISTA GALICIA 10 (ver páxina 8)

REVISTA PAZOS DE GALICIA  (Ver páxina 5)

venres, 21 de setembro de 2012

domingo, 16 de setembro de 2012

TEMA 1: A Nutrición

No primeiro tema de Coñecemento do Medio imos aprender a:

  • Diferenciar a alimentación e a nutrición
  • Identificar os aparatos que interveñen na nutrición e a función que cumpre cada un.
  • Valorar o propio corpo e recoñecer a necesidade de ter hábitos saudables.
Aquí tes uns cantos videos para coñecer en profundidade o APARATO DIXESTIVO:

Pincha na seguinte imaxe:

Estes vídeos de abaixo tamén son vídeos sobre a DIXESTIÓN. Pincha no PLAY para velos:











Agora tamén imos ver algún video sobre o APARATO EXCRETOR:
Pincha na seguinte imaxe para velo:










xoves, 13 de setembro de 2012

PRESENTACIÓN

Ola a todos!!!!
Este é o blogue da clase de 4º de Primaria do CEIP VÍCTOR SÁENZ.
Na clase de cuarto estamos: Uxía, Julia, Erika, Alex, Froilán, Raúl, Mario, Iago, Samuel.
A nosa titora é Asun.
Aquí iremos colgando os recursos que empregaremos para as nosas clases.