domingo, 29 de setembro de 2013

COMPROBAMOS O QUE SABEMOS SOBRE OS CASTROS GALEGOS

E despois de ver ese fermoso documental, imos comprobar canto aprendestedes sobre os CASTROS.



A PREHISTORIA EN GALICIA: OS CELTAS

Este vídeo é imprescindible para que coñezades como era a vida en Galicia na Prehistoria nos chamados CASTROS. 
Aprenderedes onde e como vivían os nosos antepasados: os CELTAS. 
É moi importante que vexades este vídeo pois trátase de coñecer a vosa propia historia.
Sería xenial que o puidésedes compartir cos vosos pais.
Disfrutádeo:

PARA SABER MÁIS

Se queredes saber máis sobre o tema podedes ver este estupendo documental. Xa case sodes uns expertos no tema.


CANTO SABES SOBRE A PREHISTORIA.

Despois de estudar este tema, imos valorar canto sabes realmente. Deste xeito saberás si estás xa preparado para o exame o si aínda debes estudar un pouquiño máis.

LEMBRA PINCHAR NA INTERROGACIÓN VERMELLA PARA ESCOITAR A PREGUNTA.




OS CAMBIOS DO NEOLÍTICO

Atopei este vídeo no que podedes veredes como cambiou a vida no NEOLÍTICO. Dura aproximadamente 4 minutos. 

O PALEOTÍCICO: os oríxes

Este vídeo explica os aspectos máis importantes do Paleolitico que estivemos vendo en clase. Como ten moitas imaxes axudaravos a estudar o tema.

LIÑA DO TEMPO

Deixavos aquí a LIÑA DO TEMPO en formato vídeo. Espero que vos sirva de axuda para organizar a historia e que o disfrutedes:

venres, 27 de setembro de 2013

XA ESTAMOS DE VOLTA !!

Xa levamos dúas semanas de clase e xa pillamos o ritmo outra vez!! 

Que guapiños saímos todos na foto do primeiro día ehhh!!! Mira que moreniños e relaxaos!!!


Estou segura de que pasastes un bo verán porque o tiñades moi merecido!! Todos aprobástedes 4º e algúns cunhas notazas!!
Espero que este novo curso que empeza sexa tan bo como o pasado e que remate con tan bos resultados!!
Moito ánimo rapaces!! Entre todos ímolo conseguir!!
 
COMEZAMOS A AVENTURA!!