mércores, 12 de decembro de 2012

Hoxe atopei esta noticia no xornal, botádelle un ollo!!
Parécevos que falemos con Susi para investigar sobre este home?


domingo, 18 de novembro de 2012

Il Pulcino Pio en español

Como vos prometín aquí tedes a versión en español.






E a coreografía (varias versións):







A MULTIPLICACIÓN

Repasa un pouquiño a multiplicación:
    Nesta primeira repasamos a táboa e as multiplicacións por unha cifra
   
  Aquí a cousa xa se complica un pouquiño máis: 


  Practicamos as Propiedades da Multiplicación:

   
Multiplicación pola unidade seguida de ceros:





ACENTUACIÓN

Imos practicar un pouquiño  a acentuación. Parécevos?

Pinchade nas ilustracións:









domingo, 11 de novembro de 2012

O APARATO REPRODUCTOR

Para reforzar todo o que estamos vendo en Coñecemento sobre o Aparato Reproductor, deixovos aquí todos estes recursos.
Ehhhh!!! e nada de risitas eh??
Martes pregunto na clase!







E aquí tedes algunhas actividades para que comprobedes o que sabedes. Pincha en cada un destes debuxos e demostra o que sabes.










venres, 9 de novembro de 2012

PARA TRABALLAR COÑECEMENTO

Pinchade na seguinte ilustracción e accederedes a unha páxina da Editorial SM que é a editorial do noso libro de COÑECEMENTO DO MEDIO. 
Na parte superior dereita debedes INTRODUCIR O CÓDIGO do voso libro (lembrade que está na tapa de atrás do libro)


Nesta páxina accederes a actividades sobre cada un dos temas que estamos dando en Coñecemento. Estes días estamos traballando o tema da Reproducción. Podedes ir mirando as actividades que hai sobre ese tema e tamén podedes acceder ás dos dous temas anteriores.

martes, 30 de outubro de 2012

SAMAÍN

Mañá celebramos o Samaín no cole. Lembrade que tedes unha chea de cousiñas (información, xogos, debuxos para pintar, vídeos, cancións,...) sobre esta festa na nosa páxina. Disfrutade de elas.

mércores, 24 de outubro de 2012

PRÓXIMO TRABALLO EN PLÁSTICA

Como temos o SAMAÍN a volta da esquina e además hoxe celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA imos facer este traballiño na clase de Plástica!
Trátase de un MARCAPÁXINAS MOUNSTRUOSO!!! Gústavos?


Precisades cartolina, pegamento, tesoiras e logo calquera tipo de papel que a vos vos guste.
E aquí vos deixo os pasos para ir facendo pouco a pouco. Hai pouco que explicar, as imaxes son moi ilustrativos:




Para que non teñades complicación, aquí tedes a plantilla.

A ver que chulos nos quedan!

mércores, 17 de outubro de 2012

domingo, 14 de outubro de 2012

IL PULCINO PIO!!!

Esta canción italiana estase facendo moi popular!!! Gústavos??? Ocúrresevos facer algo con ela???
Falamos en clase!!
Biquiños a todos!

xoves, 11 de outubro de 2012

LINGUA GALEGA: VOCABULARIO SOBRE O CORPO HUMANO

Hoxe tamén estivemos traballando na clase de Lingua Galega o vocabulario sobre o corpo humano. Aquí vos deixo unhas imaxes para que lembredes algunhas das palabras novas que aprendimos hoxe.



O APARATO RESPIRATORIO

Hoxe estivemos aprendendo as partes do APARATO RESPIRAORIO.
Agora ides ver unha animación que volas vai explicar de novo para que non as olvidedes e, por suposto, para que as estudiedes para o martes. LEMBRADE QUE VOU A PREGUNTAR!!!

Agora imos acceder ás actividades que vos ofrece a Editorial SM que é a editorial dos vosos libros de Coñecemento do Medio. Pinchade no debuxo de abaixo. Despois introduce o seguinte número 137154 na parte superior dereita onde vos piden "Escribe el código de tu libro". Agora xa podedes acceder a todos as actividades do Tema 2.

 
 
E aquí vos deixo o capítulo de Érase una vez la vida dedicado á respiración. Disfrutadeo!!
 

sábado, 6 de outubro de 2012

REPASO NÚMEROS ROMANOS

Luns temos exame de Matemáticas, así imos repasar un pouquiño os Números Romanos (Samu!! números romanos eh!!! e non números rumanos!!CUIDADÍN!!)


Aquí tes máis actividades. Pincha nas xanelas da casiña para acceder a elas!

mércores, 26 de setembro de 2012

Visita ÁS FRAGAS DO EUME

O venres 28 visitaremos ÁS FRAGAS DO EUME.

Trátase dunha visita programada o curso pasado dentro do Proxecto Integrado: "Sementando bosques de palabras" promovido dende a biblioteca do centro. Durante todo o ano traballamos a temática dos bosques e quixemos pechar o curso visitando este Parque Natural tan importante en Galicia. Pero o mal tempo estragou os nosos plans a pesares de cambiar a data da visita varias veces.
Non queríamos comezar este curso sen realizar esta visita tan especial para nós; así que, o venres, alá imos: a admirar as nosas queridas Fragas do Eume.

Para saber un pouquiño máis das Fragas deixovos aquí algúns VÍDEOS que, de seguro, vos gustará ver para demostrar alá todo o que xa sabemos sobre este parque, a súa fauna e a súa flora.














Aquí tamén vos deixo algunhas GUÍAS para os que queiran aprender máis cousas sobre as Fragas:


Reportaxes en revistas:

 REVISTA GALICIA 10 (ver páxina 8)

REVISTA PAZOS DE GALICIA  (Ver páxina 5)

venres, 21 de setembro de 2012

domingo, 16 de setembro de 2012

TEMA 1: A Nutrición

No primeiro tema de Coñecemento do Medio imos aprender a:

  • Diferenciar a alimentación e a nutrición
  • Identificar os aparatos que interveñen na nutrición e a función que cumpre cada un.
  • Valorar o propio corpo e recoñecer a necesidade de ter hábitos saudables.
Aquí tes uns cantos videos para coñecer en profundidade o APARATO DIXESTIVO:

Pincha na seguinte imaxe:

Estes vídeos de abaixo tamén son vídeos sobre a DIXESTIÓN. Pincha no PLAY para velos:











Agora tamén imos ver algún video sobre o APARATO EXCRETOR:
Pincha na seguinte imaxe para velo:










xoves, 13 de setembro de 2012

PRESENTACIÓN

Ola a todos!!!!
Este é o blogue da clase de 4º de Primaria do CEIP VÍCTOR SÁENZ.
Na clase de cuarto estamos: Uxía, Julia, Erika, Alex, Froilán, Raúl, Mario, Iago, Samuel.
A nosa titora é Asun.
Aquí iremos colgando os recursos que empregaremos para as nosas clases.