luns, 16 de decembro de 2013

BIBLIOLARPEIRADAS: Frangipane de Alex


BIBLIOLARPEIRADAS: Frangipane de Alex from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Receita de Alex Carvalho, alumno de 5º de Primaria
Bibliolarpeiradas: receitas dos alumnos do CEIP VÍCTOR SÁENZ. Actividade incluida no Proxecto Integrado 2013-14: Papacontos Zampalibros

BIBLIOLARPEIRADAS: Biscoito de iogur de Raúl


BIBLIOLARPEIRADAS: o Biscoito de Iogur de Raúl from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Receita de Raúl García, alumno de 5º de Primaria
Bibliolarpeiradas: receitas dos alumnos do CEIP VÍCTOR SÁENZ. Actividade incluida no Proxecto Integrado 2013-14: Papacontos Zampalibros

luns, 2 de decembro de 2013

GIANNI RODARI

Aínda que a súa vida discorreu allea á música, a súa vocación frustrada, poucos persoeiros como Rodari lograron destacar en tantas facetas como as que desenvolveu este renovador da literatura infantil e xuvenil. Político, xornalista, pedagogo e escritor, nesta última logrou o Premio Andersen en 1970. 
Graduouse en Maxisterio e comezou impartindo clases particulares. Pola súa vinculación ao Partido Comunista Italiano colaborou con varios xornais; dirixiu L’Ordine Nuovo e trala súa incorporación ao diario milanés L’Unitá comezou a cultivar a súa paixón pola literatura infantil. A partir de entón foise forxando o talento de quen se convertiría na pedra angular deste xénero literario. 
Baseou na realidade obras como “O planeta das árbores”, pero o humor e o éxito chegaron con títulos como “Contos longos como un sorriso”, “As aventuras de Cipollino”, ou “O libro das retahílas”. “Contos a máquina”, “Contos por teléfono” e “Contos para xogar” son tamén algunhas das súas obras mestras: pensáronse respectivamente para versionar a literatura tradicional, demostrar que a brevidade tamén pode ser sinónimo de boas historias e permitir que o lector poida escoller o final do conto. 

Estes son os libros de Giani Rodari que podedes atopar na nosa biblioteca :

LOS ENANOS DE MANTUA


Nos cuartos diminutos do pazo de Mantua vivían os ananos. A súa única misión era divertir aos seus señores, os duques. E aínda que os ananos rabiaban porque non querían ser pequenos e intentaban crecer por todos os medios, non había xeito. Rigoletto, o bufón, burlábase deles con crueldade. Ata que un día, Habichuelo, o máis anano dos ananos, partiu en busca do segredo para crecer. E prometeu aos seus compañeiros que non volvería ata que non o encontrase.





CUENTOS POR TELÉFONO


Érase unha vez... unha nena cuxo pai tiña que estar de viaxe seis días á semana. Esta nena non podía durmirse sen que lle contasen un conto. E cada noite, o seu pai chamábaa por teléfono e explicáballe un conto. Din que os contos eran tan bos que ata as señoritas da telefónica suspendían todas as chamadas para escoitalos. E este é o libro destes contos.





CONFUNDINDO HISTORIAS


Hai quen non respecta nada, nin sequera os contos; quizais non é mala intención senón esquecemento. Os maiores teñen a cabeza chea de recordos e non os clasifican e enrédanselles entre o cabelo, por iso non te sorprenda se che contan un conto e o confunden todo.
Non te enfades. Non é tan malo confundirse e cometer erros pois de alí poderían nacer outras historias. Por exemplo, se á Carapuchilla vermella lle poñemos unha capa amarela, podería nacer a historia da Carapuchiña amarela, quen vive nos trigais dourados xunto ao seu avó. Se nos equivocamos e dicimos que é negra, podería nacer a historia da Carapuchiña Negra, a que nunca se baña. Se che apetece equivocarte sen ningunha culpa, recoméndoche ler Confundiendo historias de Gianni Rodari.


martes, 26 de novembro de 2013

20.000 leguas de viaje submarino

Aquí vos deixo "20000 leguas de viaje submarino" en versión comic. Para que lle botedes unha ollada.

E aquí tedes a película completa.

luns, 25 de novembro de 2013

Versionando a Leandro Lamas en vídeo.

Ola rapaces!!
O outro día cando Leandro vos puxo un comentario no blogue sobre o voso traballo, a mín envioume unha canción dedicada para vos a través do Facebook, así que ocurríuseme montar un vídeo coas fotos e coa música. Espero que vos guste.

Traballo plástico dos alumnos de 4º de Primaria do curso 2012-13 do CEIP VÍCTOR SÁENZ de Mazaricos

martes, 19 de novembro de 2013

VERSIONANDO A LEANDRO LAMAS

Aínda non vos colgara as fotos do traballo que fixemos o curso pasado coas obras de Leandro Lamas.
Xa iba sendo hora!!! Diredes!! Pois aquí as tedes.
Acabo de mandarlle as fotos a Leandro tamén. A ver que lle parecen.

martes, 5 de novembro de 2013

A VIDA NA IDADE MEDIA

Nesta actividade repasaredes como era a sociedade na Idade Media.


VIDEO SOBRE A RECONQUISTA ESPAÑOLA

VIDEO SOBRE A INVASIÓN MUSULMANA

VÍDEO SOBRE AS INVASIÓNS XERMÁNICAS

Idade Media

Sei que estades estudando a Idade Media e como logo teredes exámen déixovos aquí estas actividades para repasar.





E aquí tedes unha pequena presentación para repasar. Pincha sobre ela para vela.

                         

Agora imos distinguir entre construccións románicas e construccións góticas


Como era unha aldea na Idade Media?
Vai pinchando nos trianguliños para vela e aprender.





Bótovos moito de menos

Ola chicos!!
Quería dicirvos que vos boto moitísimo de menos e que me da moitísima rabia estar así.
Sigo enfermiña, tosendo como unha tola por culpa do refluxo. 
A Samu dáballe dor de garganta e non podía tragar e a min dame moitísima tos e afonía.
Estou desexando volver con vós e que contedes como vos van as cousas.
Porfa!! Escribídeme e contádeme!
Podedes facelo aquí pinchando en comentarios o mandándome un correo electrónico.
Xa sabedes a miña dirección asungarcia74@gmail.com
Se tedes algún problema do que queirades falar tamén mo podedes escribir.
Un biquiño para todos. Moi grande!!