venres, 27 de setembro de 2013

XA ESTAMOS DE VOLTA !!

Xa levamos dúas semanas de clase e xa pillamos o ritmo outra vez!! 

Que guapiños saímos todos na foto do primeiro día ehhh!!! Mira que moreniños e relaxaos!!!


Estou segura de que pasastes un bo verán porque o tiñades moi merecido!! Todos aprobástedes 4º e algúns cunhas notazas!!
Espero que este novo curso que empeza sexa tan bo como o pasado e que remate con tan bos resultados!!
Moito ánimo rapaces!! Entre todos ímolo conseguir!!
 
COMEZAMOS A AVENTURA!!

luns, 10 de xuño de 2013

PARA XOGAR COS VOSOS PAIS

Lembrades a actividade de lingua na que tiñades que preguntar a que xogaban os vosos pais e que vían eles na tele?? Pois aquí vos deixo o xogo do que vos falei na clase e ao que podedes xogar con eles. Estou segura de que lles resultará moi divertido lembrar os debuxos animados e as series que seguían cando eran pequenos.
Espero que o disfrutedes moito!


sábado, 18 de maio de 2013

Bailando

Botádelle un ollo a este vídeo a ver que vos parece:

POLÍGONOS

Repasamos o que aprendemos o xoves:








Donald e as matemáticas

Este vídeo de Disney pareceume estupendo para que vos adentrárades un pouquiño máis no mundo das matemáticas. Vaivos gustar moito de seguro e ademáis aprenderedes a importancia que ten a Xeometría (que estaremos traballando nos temas 13 e 14) no noso mundo.

sábado, 11 de maio de 2013

Visitade o Blog do Club de Lectura

Na columna da dereita, tedes agora uns lapis que vos levarán aos distintos blogs do centro.
Recoméndovos visitar o Blog do Club de Lectura "Os xurelos lectores" no que atoparedes novedades sobre o libro que estamos lendo "Palabras de Caramelo" que de seguro vos van a interesar! 

De Club de Lectura 12-13

xoves, 9 de maio de 2013

domingo, 7 de abril de 2013

AS FORZAS, MÁQUINAS E INVENTOS

En coñecemento estamos coas forzas, máquinas e inventos. Lembra meter o código 137154


1ª, 2ª y 3ª CONJUGACIÓN DE LOS VERBOS EN CASTELLANO

Ainda que algunhas das formas verbais que aparecen nestas actividades aínda non as vimos e seguramente non as ides a ver ata o curso que ven, déixovolas aquí para que practiquedes as que sí coñecedes.







COMPRENSIÓN LECTORA

Na clase imoslle votar un ollo a estes problemas. Son coñecementos moi útiles para a vida diaria. Podedes ir botándolles unha ollada a ver cantas respostas sodes capaces de dar correctas na aula:

MOEDAS E BILLETES

Traballamos os cartiños!!! Isto gústavos ehhhh!!


mércores, 3 de abril de 2013

REPASAMOS AS HORAS

Ola rapaces!!

Imos repasar un poquiño as horas. Vale??


E con este outro recurso podedes entender xenial como poñer a mesma hora no reloxo de agullas e no dixital. Probade xa veredes!!!

En estos practicamos más: