xoves, 14 de febreiro de 2013

NOTICIA DE HOXE NA VOZ DE GALICIA SOBRE O METEORITO

Hoxe saíu esta noticia na VOZ DE GALICIA  sobre o meteorito que mañá pasara próximo a terra. Botádelle unha ollada mañá falaremos dela en clase.

luns, 11 de febreiro de 2013

O SISTEMA SOLAR

Estamos traballando o Sistema Solar en Coñecemento e para saber máis póñovos aquí uns vídeos e unhas actividades que vos poden axudar a entender mellor o tema. 
Este primeiro é da Editorial SM, a editorial dos vosos libros de Coñecemento. Pinchade na imaxe para probalo:

Agora un vídeo moi curtiño que nos serve para ver as Fases da Lúa:


A ver cantas destas preguntas eres capaz de acertar:

Un vídeo sobre o movemento de Rotación da Terra:



Agora unhas actividades Lim sobre os Movementos da Terra:

 
Pincha sobre a imaxe para empezar



Pincha no trianguliño amarelo para empezar

E neste outro enlace podedes repasar todo o tema. Conten animacións:

Un xogo máis sobre os movementos da Terra: 

Por que hai estacións?





Para os que queren saber máis. Preme nas imaxes para xogar.


E xa para acabar un Cuestionario. Así poderás autoavaliarte e ver cantas cousas aprendiches sobre este tema.

E AGORA DIVIDIVIMOS POR DÚAS CIFRAS

Xa estamos dividindo por dúas cifras así que tamén podemos practicar desde aquí. Ánimo rapaces!!
Por certo, xa correxín os exames de mates. Non hai ningún suspenso, así que tranquilos. Estou contenta cos resultados. Xoves douvos as notas!



domingo, 3 de febreiro de 2013

PRACTICA A DIVISIÓN

Practicade as divisións aquí !!

Como sempre pinchade na imaxe



Actividade sobre os ecosistemas para repasar

Aquí vos deixo unhas actividades sobre os Ecosistemas para repasar antes de empezar co seguinte tema.
Aproveitadeas !!
Pinchade nas imaxes para acceder.

Esta é a primeira:


Esta a segunda:


Esta é a terceira:

E esta é a cuarto e última: 


venres, 25 de xaneiro de 2013

Actividade Lim sobre os bosques

Aquí tedes a Actividade LIM que elaborei o ano pasado para o cole onde podedes coñecer un pouco máis o ecosistema dos bosques e ver mellor o que aprendemos na clase sobre as cadeas alimentarias. Disfrutádeo. Lembrade que se pulsades na pantalliña superior esquerda podedes poñelo a pantalla completa.


mércores, 23 de xaneiro de 2013

Rías Baixas Style!

Nova versión do Gangnam Style!!
 



Dani Cornes, autor da letra Rias Baixas Style, canta e interpreta este video clip acompañado dos seus compañeiros de instituto.
Video foi realizado desde o departamento de Artes Plásticas do IES Monte da Vila do Grove pola profesora Josebe Arrillaga.

xoves, 17 de xaneiro de 2013

O blog de Leandro Lamas

Aquí vos deixo o enlace ao blog de Leandro Lamas o ilustrador que estamos traballando en clase de Plástica!!
Por si queredes probar a  facer outros debuxos na casa !!

mércores, 16 de xaneiro de 2013

A nosas versións do Taj Mahal

Levounos tempo facelo. Pasamos moito traballiño pero penso que quedaron espectaculares!
É o edificio do que máis sabemos! O máis espectacular do mundo: Taj Mahal!

martes, 15 de xaneiro de 2013

Entrega de premios Concurso de Postais!!

E aquí temos ao noso Mario como gañador absoluto do Concurso de Postais de Nadal recibindo o seu premio. Dedicámoslle este vídeo á mamá de Mario e a súa irmanciña que non poideron estar con nós ese día.
Mario eres un crack!!

Entrega de Premios do Concurso de Postais de Nadal 2012 no CEIP VÍCTOR SÁENZ.
Entrega de Premios do Concurso de Postais de Nadal 2012 no CEIP VÍCTOR SÁENZ.


Lembrades a súa postal? Quedou preciosa!


E aquí tedes todas as vosas postais!! Todas son xeniales! Ánimo a todos! Xa vedes con que facilidade gañamos concursos!!!

Danza hindú: "DHOOM TAANA"

E aquí tendes a no"Dhoom Taana". Tiven que partila en dúas partes para poder subila pero quedou preciosa. Isto xa parece Bollivood!!! Noraboa rapaces! Sodes uns artistas!

Danza hindú: "DHOOM TAANA" - 1ª parte from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.


Danza hindú: "DHOOM TAANA" - 2ª parte from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

domingo, 13 de xaneiro de 2013

sábado, 12 de xaneiro de 2013

"O tren": recitado de Samuel no Festival de Nadal

Rapaces aquí tedes o primeiro vídeo das actuacións do Festival de Nadal. Estanme dando moito que facer así que tede paciencia conmigo ehhhh!! Ven sabedes que últimamente as novas tecnoloxías estanme dando moitos quebradeiros de cabeza!
Pois aquí tendes ao noso Samuel recitando o poema de Miguel Varela " O tren".
Fixéchelo xenial Samu!!! A que sí rapaces?


Samuel (4º de Primaria do CEIP Víctor Sáenz) recita "O tren" de Miguel Varela from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Samuel Santiago Pose (4º curso) recita o poema de Miguel Varela titulado "O tren" no Festival de Nadal do CEIP VÍCTOR SÁENZ (Mazaricos)

mércores, 12 de decembro de 2012

Hoxe atopei esta noticia no xornal, botádelle un ollo!!
Parécevos que falemos con Susi para investigar sobre este home?


domingo, 18 de novembro de 2012

Il Pulcino Pio en español

Como vos prometín aquí tedes a versión en español.






E a coreografía (varias versións):







A MULTIPLICACIÓN

Repasa un pouquiño a multiplicación:
    Nesta primeira repasamos a táboa e as multiplicacións por unha cifra
   
  Aquí a cousa xa se complica un pouquiño máis: 


  Practicamos as Propiedades da Multiplicación:

   
Multiplicación pola unidade seguida de ceros:





ACENTUACIÓN

Imos practicar un pouquiño  a acentuación. Parécevos?

Pinchade nas ilustracións:









domingo, 11 de novembro de 2012

O APARATO REPRODUCTOR

Para reforzar todo o que estamos vendo en Coñecemento sobre o Aparato Reproductor, deixovos aquí todos estes recursos.
Ehhhh!!! e nada de risitas eh??
Martes pregunto na clase!







E aquí tedes algunhas actividades para que comprobedes o que sabedes. Pincha en cada un destes debuxos e demostra o que sabes.










venres, 9 de novembro de 2012

PARA TRABALLAR COÑECEMENTO

Pinchade na seguinte ilustracción e accederedes a unha páxina da Editorial SM que é a editorial do noso libro de COÑECEMENTO DO MEDIO. 
Na parte superior dereita debedes INTRODUCIR O CÓDIGO do voso libro (lembrade que está na tapa de atrás do libro)


Nesta páxina accederes a actividades sobre cada un dos temas que estamos dando en Coñecemento. Estes días estamos traballando o tema da Reproducción. Podedes ir mirando as actividades que hai sobre ese tema e tamén podedes acceder ás dos dous temas anteriores.