Os alumnos de 5º de Primaria do CEIP Víctor Sáenz cantan "Miña moreninha" no Festival de Nadal 2013. Á pandeireta Uxía Dacunha.
sábado, 21 de decembro de 2013
TAKE COOKIE: Tema en inglés no Festival de Nadal 2013
Actuación dos alumnos de 5º de Primaria do CEIP Víctor Sáenz no Festival de Nadal 2013. Tema en inglés "Take cookie"
She wolf: vídeo da actuación
Alumnos do 5º de Primaria do CEIP VÍCTOR SÁENZ bailan o tema "She wolf" de David Guetta no Festiva del Nadal 2013.
mércores, 18 de decembro de 2013
martes, 17 de decembro de 2013
POSTAIS DE NADAL
Xa podedes admirar as vosas postais xa rematadas e en formato dixital. Agora aínda que enviedes a alguén para felicitar o Nadal sempre podedes lembrar o bonitas que vos quedaron aquí no noso blogue.
BO TRABALLO, rapaces!
BIBLIOLARPEIRADAS: o Flan de café de Érika
BIBLIOLARPEIRADAS: o Flan de café de Érika from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Receita de Érika Trillo, alumno de 5º de Primaria
Bibliolarpeiradas: receitas dos alumnos do CEIP VÍCTOR SÁENZ. Actividade incluida no Proxecto Integrado 2013-14: Papacontos Zampalibros
luns, 16 de decembro de 2013
BIBLIOLARPEIRADAS: o Biscoito de limón de Froilán
BIBLIOLARPEIRADAS: o Biscoito de limón de Froilán from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Receita de Froilán Muñiz, alumno de 5º de Primaria
Bibliolarpeiradas: receitas dos alumnos do CEIP VÍCTOR SÁENZ. Actividade incluida no Proxecto Integrado 2013-14: Papacontos Zampalibros
BIBLIOLARPEIRADAS: Frangipane de Alex
BIBLIOLARPEIRADAS: Frangipane de Alex from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Receita de Alex Carvalho, alumno de 5º de Primaria
Bibliolarpeiradas: receitas dos alumnos do CEIP VÍCTOR SÁENZ. Actividade incluida no Proxecto Integrado 2013-14: Papacontos Zampalibros
BIBLIOLARPEIRADAS: Biscoito de iogur de Raúl
BIBLIOLARPEIRADAS: o Biscoito de Iogur de Raúl from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Receita de Raúl García, alumno de 5º de Primaria
Bibliolarpeiradas: receitas dos alumnos do CEIP VÍCTOR SÁENZ. Actividade incluida no Proxecto Integrado 2013-14: Papacontos Zampalibros
domingo, 8 de decembro de 2013
martes, 3 de decembro de 2013
luns, 2 de decembro de 2013
GIANNI RODARI
Aínda que a súa vida discorreu allea á música, a súa vocación frustrada, poucos persoeiros como Rodari lograron destacar en tantas facetas como as que desenvolveu este renovador da literatura infantil e xuvenil. Político, xornalista, pedagogo e escritor, nesta última logrou o Premio Andersen en 1970.
Graduouse en Maxisterio e comezou impartindo clases particulares. Pola súa vinculación ao Partido Comunista Italiano colaborou con varios xornais; dirixiu L’Ordine Nuovo e trala súa incorporación ao diario milanés L’Unitá comezou a cultivar a súa paixón pola literatura infantil. A partir de entón foise forxando o talento de quen se convertiría na pedra angular deste xénero literario.
Baseou na realidade obras como “O planeta das árbores”, pero o humor e o éxito chegaron con títulos como “Contos longos como un sorriso”, “As aventuras de Cipollino”, ou “O libro das retahílas”. “Contos a máquina”, “Contos por teléfono” e “Contos para xogar” son tamén algunhas das súas obras mestras: pensáronse respectivamente para versionar a literatura tradicional, demostrar que a brevidade tamén pode ser sinónimo de boas historias e permitir que o lector poida escoller o final do conto.
Estes son os libros de Giani Rodari que podedes atopar na nosa biblioteca :
LOS ENANOS DE MANTUA
Nos cuartos diminutos do pazo de Mantua vivían os ananos. A súa única misión era divertir aos seus señores, os duques. E aínda que os ananos rabiaban porque non querían ser pequenos e intentaban crecer por todos os medios, non había xeito. Rigoletto, o bufón, burlábase deles con crueldade. Ata que un día, Habichuelo, o máis anano dos ananos, partiu en busca do segredo para crecer. E prometeu aos seus compañeiros que non volvería ata que non o encontrase.
CUENTOS POR TELÉFONO
Érase unha vez... unha nena cuxo pai tiña que estar de viaxe seis días á semana. Esta nena non podía durmirse sen que lle contasen un conto. E cada noite, o seu pai chamábaa por teléfono e explicáballe un conto. Din que os contos eran tan bos que ata as señoritas da telefónica suspendían todas as chamadas para escoitalos. E este é o libro destes contos.
CONFUNDINDO HISTORIAS
Hai quen non respecta nada, nin sequera os contos; quizais non é mala intención senón esquecemento. Os maiores teñen a cabeza chea de recordos e non os clasifican e enrédanselles entre o cabelo, por iso non te sorprenda se che contan un conto e o confunden todo.
Non te enfades. Non é tan malo confundirse e cometer erros pois de alí poderían nacer outras historias. Por exemplo, se á Carapuchilla vermella lle poñemos unha capa amarela, podería nacer a historia da Carapuchiña amarela, quen vive nos trigais dourados xunto ao seu avó. Se nos equivocamos e dicimos que é negra, podería nacer a historia da Carapuchiña Negra, a que nunca se baña. Se che apetece equivocarte sen ningunha culpa, recoméndoche ler Confundiendo historias de Gianni Rodari.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)